Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A Polo Ghit 2009

Dez aspirantes a ghit!

Aquí temos, mesmiño saída do forno do verán, a selección que xurado e público fixeron para a gran final.

Redacción - 11:30 15/08/2009

A Belén Xestal e Alberto Dopico (do programa da TVG, Quen Toca?), Alberto Rivero (da Radio Galega) e o actor e humorista Roberto Vilar correspondeulles a difícil tarefa de remexer na creatividade musical desta edición 2009 e escoller cinco temas para esta fase final. E estas son as cinco pezas elixidas polo xurado desta edición 2009 de A Polo Ghit:


Por outro lado, lembrámosvos os cinco escollidos polo público, froito das vosas votacións, e coñecidos xa desde o pasado xoves cando rematou a votación popular a través de internet e na radio:


Recordámosvos que os marcadores do voto quedan a cero outra vez desde este mesmo sábado. A votación agora farase en exclusiva sobre as dez pezas finalistas. E ollo: está permitido unicamente un voto por usuario e computador (só un voto por IP) cada día!

Podedes votar deica o xoves día 27 ás 12 horas, momento en que remata o prazo. O ghit do verán 2009 elixido polo xurado será coñecido o sábado 29 de agosto.


3.29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: